En 1999 abriu as suas portas a ESCOLA ABERTA DE ARTE. Fóron 12 anos de actividade constante, con obradoiros de debuxo e pintura, arte para crianzas, fotografia, história da arte, gravura, caligrafia, modelo vivo... E tamén os nosos aniversarios, exposicións, o Oficio do Pintor... Actividade incesante en educación e tamén no eido artístico e cultural. Infelizmente no 2010 houbo que fechar por unha serie de desgrazas que implicaran a crise económica e as obras do Concello nos esgotos da Rua Lugo.
Depois da nosa etapa na Escola Aberta, andamos por Málaga, onde naceu un proxecto mais pequeno (Casa del Arte), e depois voltamos a Ferrolterra onde montamos Casal de Arte (Naron), Estudio de Carmen & Anxo (Ferrol) e provamos sorte en Portugal (Porto, Marco de Canaveses...)
No 2024, após tantas experiencias, e xa de volta en Ferrol, foi tomando forma o proxecto de reviver a Escola Aberta de Arte. Neste ano de 2025 xa temos un local e o que era unha ideia comezou xa un novo camiño con unha escola mais aberta do que antes, en frente dos Xulgados de Ferrol. Unha escola na que non só regresamos Carmen Martin e Anxo Varela senon que tamén se teñen incorporado os nosos fillos maiores, Rosalia e José Varela Martin, coa a adición de Daniel Estrada, que levará a parte das pasantías.
Escola Aberta de Arte tamén é un lugar de encontro, de diálogo e quer voltar a ser un foco cultural tamén no Ferrol actual, colaborando ao tempo con outros artistas e estúdios de arte de Ferrol. Non é casualidade que o noso "soft opening" foi dentro das actividades dos "Estudios abertos".